Para unirse ao club, cada deportista deberá aboar unha matrícula inicial de 30 € para a categoría mini, 35 € para as categorías infantil e cadete, ou 40 € para a categoría júnior, no mes en que realice a súa inscrición.
⚠️ Cómpre ter en conta que esta matrícula non é reembolsable no caso de que o/a deportista abandone a actividade.
A cota estándar do club, sen aplicar descontos, é a seguinte:
30 € ao mes para a categoría júnior
25 € ao mes para as categorías infantil e cadete
20 € ao mes para a categoría mini
Se tes dereito a algún desconto, poderás beneficiarte dunha tarifa reducida. Consulta as condicións máis abaixo.
Os seguintes descontos requiren a presentación da correspondente documentación xustificativa:
As familias en situación de vulnerabilidade poden solicitar a Beca Completa MELMAR, que lles eximirá tanto do pagamento da matrícula inicial como da cota mensual.
Familias nas que todos os adultos da unidade familiar están en situación de desemprego.
Situación de vulnerabilidade socioeconómica extrema (con axudas vitais).
Vítimas de violencia de xénero.
📝 A información proporcionada para a solicitude da beca será tratada con absoluta confidencialidade.
¿Gustaríache xogar con nós na próxima tempada?
Descarga xa o formulario de preinscripción 2025–2026 e dá o primeiro paso para converterte nunha peza máis do Club Baloncesto IES Sanxillao.
¡Agardámoste na pista!
Se che gusta o baloncesto, facer novas amizades, superarte cada día e pasalo ben mentres aprendes…
Estás no lugar perfecto!
No Club de Baloncesto IES Sanxillao abrimos as nosas portas a novos xogadores e xogadoras de todas as idades e niveis.
Non importa se nunca xogaches antes ou se xa levas tempo encestando: aquí o máis importante son as ganas, o compromiso e o espírito de equipo.
Ambiente san e próximo: somos un club familiar, onde se prioriza o respecto, a inclusión e a convivencia.
Formación integral: adestramos corpo e mente. Aquí apréndese baloncesto… pero tamén valores como o esforzo, a responsabilidade e o compañeirismo.
Adestradores comprometidos: contamos cun equipo técnico que acompaña, motiva e guía a cada xogador no seu camiño.
Actividade física e saúde: promovemos hábitos saudables, actividade regular e benestar emocional.
Diversión asegurada: adestramentos dinámicos, partidos, torneos, viaxes e moitas experiencias compartidas.
Sentimento de pertenza: aquí non vés só a adestrar. Vés a formar parte de algo máis grande: un equipo que se apoia, se anima e medra unido.
Podes contactar connosco a través das nosas redes sociais ou escribirnos directamente desde a sección “Contacto” da web.
Estaremos encantados de informarche!
No Club IES Sanxillao agárdante novos amigos, grandes momentos e unha experiencia que lembrarás para sempre.
Estás preparado para encestar con nós? 👉 ¡ÚNETE XA!