Agora podes facelo dunha maneira moi especial: vestindo a nosa roupa "casual" e axudándonos a seguir medrando.
A venda de camisetas e sudadeiras permítenos financiar actividades fundamentais para o desenvolvemento das nosas xogadoras e xogadores, como por exemplo:
🏀 Gastos federativos e arbitraxes
🚌 Transporte a competicións fóra de Lugo
👕 Roupa oficial para os equipos
🧩 Material de adestramento actualizado e seguro
🌟 Actividades complementarias nas vacacións
Se estás interesado/a en mercar camisetas ou sudadeiras do club, só tes que enviarnos unha mensaxe coa túa solicitude a 📧 cbiessanxillao@gmail.com
Indica o produto, a talla e se es socio/a ou simpatizante, e responderémosche o antes posible.
👉 Fai o teu pedido e forma parte da familia Sanxillao con estilo!
Porque non só levas unha camiseta, estás levando contigo o esforzo, os valores e os soños de todo un equipo.
Porque axudas a que o baloncesto siga sendo accesible, inclusivo e formativo.
E porque vestir as cores do Sanxillao é unha forma de dicir:
“¡Eu tamén son parte desta familia!”