No CB IES Sanxillao cremos que o baloncesto é moito máis ca un deporte: é amizade, esforzo, ilusión e comunidade. Por iso nace o Carné Sanxi, unha maneira de formar parte da nosa gran familia apoiando ao club e, ao mesmo tempo, gozando de múltiples vantaxes grazas ás empresas que colaboran connosco.
Descontos en librarías, academias, centros de saúde, restaurantes, comercios locais… Un montón de beneficios que farán o teu día a día máis fácil e económico.
A túa colaboración axúdanos a seguir medrando e a ofrecer ás nosas rapazas e rapaces a oportunidade de formarse a través do baloncesto, aprendendo valores que van máis aló da pista.
Cada vez que uses o carné, estarás a apoiar o deporte de base e a dar un pequeno gran paso polo futuro do noso club.
O Carné Sanxi ten un prezo simbólico de 30 € ao ano.
Con esta pequena achega estarás a apoiar directamente ao noso club e, ademais, gozando de todas as vantaxes exclusivas que che ofrecemos.
Moi doado! Contacta connosco e infórmate de como facerche co teu carné. Un xesto pequeno que supón unha gran axuda.
5% desconto en libros e 10% en papelería.